Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Xogando co infinito : Unha andaina polas matemáticas / Rózsa Péter

por Péter, Rózsa 1905-1977 [autor/a]; Consello da Cultura Galega; Felipe Gago [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega , 2022 Edición: 1ª.Descrición: 303 p : il ; 24 cm.Materia(s): Matemáticas | Mulleres | CienciaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: O xermolo deste libro son unhas cartas que lle escribira ao seu amigo dos círculos literarios de Budapest, o escritor Marcell Benedek, quen se lamentaba da súa nula formación matemática e de que, sen ela, sentía que a súa expresividade literaria era máis pobre. Como se recolle no prefacio á primeira edición, o lado estético das matemáticas foi un tema recorrente para Rózsa Péter, así como a súa unidade. Con frecuencia, unha idea ou técnica que o libro introduce nun contexto de forma inesperada reaparece máis adiante nun escenario diferente, transmitindo con eficacia a cohesión interna das matemáticas. Con estilo literario, sen resultar técnica nin superficial, Rózsa Péter consegue falar con claridade sobre un amplo abano de temas, dende o proceso de contar ata os teoremas de Gödel e Church, sendo unha das primeiras —e, para moita xente, aínda unha das mellores— presentacións para un público xeral. Trátase dun relato popular dos moitos conceptos matemáticos relacionados co infinito, con numerosas ilustracións e exemplos fan que todo o material sexa facilmente comprensible, e tanto o alumnado que se está iniciando nas matemáticas como a xente das humanidades e doutros campos atoparán o libro especialmente interesante. Porén, a autora revisa moitos conceptos con total precisión: sistemas de numeración, progresións aritméticas, diagonais de polígonos convexos, combinatoria, números primos, ecuacións, números negativos, vectores, operacións con fraccións, series infinitas, números irracionais, teorema de Pitágoras, logaritmos, xeometrías non euclidianas, integrais, cuadratura do círculo, números transcendentes, teoría de grupos, teoría de conxuntos, metamatemáticas e moito máis. O resultado é un libro orixinal que interesará tamén a profesionais e profesorado de Matemáticas no que, oitenta anos despois, o amor de Rózsa Péter polas matemáticas e o desexo de compartir a súa beleza seguen brillando, alleos ao paso do tempo.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES do Castro
51 PET xog Dispoñible PED044000023199

O xermolo deste libro son unhas cartas que lle escribira ao seu amigo dos círculos literarios de Budapest, o escritor Marcell Benedek, quen se lamentaba da súa nula formación matemática e de que, sen ela, sentía que a súa expresividade literaria era máis pobre.
Como se recolle no prefacio á primeira edición, o lado estético das matemáticas foi un tema recorrente para Rózsa Péter, así como a súa unidade. Con frecuencia, unha idea ou técnica que o libro introduce nun contexto de forma inesperada reaparece máis adiante nun escenario diferente, transmitindo con eficacia a cohesión interna das matemáticas.
Con estilo literario, sen resultar técnica nin superficial, Rózsa Péter consegue falar con claridade sobre un amplo abano de temas, dende o proceso de contar ata os teoremas de Gödel e Church, sendo unha das primeiras —e, para moita xente, aínda unha das mellores— presentacións para un público xeral.
Trátase dun relato popular dos moitos conceptos matemáticos relacionados co infinito, con numerosas ilustracións e exemplos fan que todo o material sexa facilmente comprensible, e tanto o alumnado que se está iniciando nas matemáticas como a xente das humanidades e doutros campos atoparán o libro especialmente interesante.
Porén, a autora revisa moitos conceptos con total precisión: sistemas de numeración, progresións aritméticas, diagonais de polígonos convexos, combinatoria, números primos, ecuacións, números negativos, vectores, operacións con fraccións, series infinitas, números irracionais, teorema de Pitágoras, logaritmos, xeometrías non euclidianas, integrais, cuadratura do círculo, números transcendentes, teoría de grupos, teoría de conxuntos, metamatemáticas e moito máis. O resultado é un libro orixinal que interesará tamén a profesionais e profesorado de Matemáticas no que, oitenta anos despois, o amor de Rózsa Péter polas matemáticas e o desexo de compartir a súa beleza seguen brillando, alleos ao paso do tempo.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha