Sira e o robot : Adventures on Titan / Mark Wiersma
por Wiersma, Mark [autor/a]
; Sende, Iván [ilustrador/a]
; Mosqueira, Miguel [tradutor/a]
.
Tipo: 
Este rexistro ten moitos ítems físicos (71). Faga clic aquí para velos todos.
Textos en galego e inglés
É bilingüe galego-inglés
Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música. Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre. Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.
1º-2º ESO